O desfile de moda organizado polo Concello e pola Asociación
Pasarela Top 10 e coa colaboración
do Comercio de Negreira, superou todas as expectativas iniciais de
participación e asistencia.
A gran acollida non fai máis que
demostrar que co apoio de todos, o tecido comercial e empresarial de Negreira pode facer grandes cousas.
É tempo de deixar a un lado os medos, as
experiencias pasadas e é o momento no que os hosteleiros e comerciantes deben unir forzas para poñer en marcha unha Asociación Empresarial forte, que co apoio do Concello e dos veciños do noso pobo fará que eventos como o desfile de moda sexan
un escaparate para os produtos e un polo de atracción de xente á nosa vila.
Así, unindo forzas, é como melloraremos o tecido comercial e industrial do noso
Concello.
Formando unha Asociación Empresarial
evitaremos que xente sen
identificar, e non se sabe con que intereses persoais/políticos, utilice nomes
como "Pequeno Comercio de Negreira" nas redes sociais.
Unha Asociación Empresarial é imprescindible nun concello
como Negreira, onde se necesita da unión de todos para lograr un beneficio
común para todos os sectores.
Noraboa a todos os que contribuíchedes a
que a iniciativa do desfile fora un éxito.
Moitas Grazas!