Dende o goberno Municipal non podemos menos
que aclararlle ao partido da OPOSICIÓN
que a unidade dos membros do goberno é indiscutiblemente certa é non
consideramos un pecado ter opinións propias, cousa que parece sorprenderlles ¿
por qué será?
Cimentan a
súa oposición en algo tan útil para os veciños como sacar panfletos
"humoristicos”, mentindo e facendo SUPOSICIONS absurdas sobre a pouca
unidade dos concellais. Moi mal non o faremos cando recorren a estas burdas
manipulacións para tentar desacreditarnos.
Un ex-alcalde (Sr, Jorge Tuñas) que traizoou
ao seu cabeza de lista para ocupar o sillón pretende vir a dar leccións de
moral e compañeirismo.
Un ex-alcalde que firmou unha carta dando
nome e apelidos dos empregados que se tiñan que despedir pretende dar leccións de relacións laborais.
Un ex-alcalde irresponsable, que derrochou
os cartos dos veciños, non se preocupou de pagar o que gastaba, con nula capacidade de xestión e gran
capacidade de despilfarro, pretende dar leccións de como xestionar un
municipio.
Un ex-alcalde que sigue o ditado doutro
ex-alcalde pretende dar leccións de como se debe conducir os membros dun
goberno municipal.
Un ex-alcalde que non recorda o que firmou
cando gobernaba e logo se lanza a criticar ao goberno cando cumpre eses acordos
¡Que bochorno!
Nos somos un goberno municipal que en
menos de dous anos puxo o polígono industrial a funcionar e que ademais
conseguiu que unha multinacional líder
en loxística sanitaria, se instalase nel, o que atraerá a mais empresas
ao noso municipio.
Somos un goberno que rematou unha piscina
climatizada sen que nos tivésemos que endebedar para facelo, gracias a súa boa xestión.
Piscina, moito mais eficiente enerxéticamente que a proxectada polo anterior
goberno e polo tanto mais doada de manter.
Un goberno que conseguiu que a Xunta
financie unha nova depuradora que se comezará
a construír xa.
Un goberno que paga aos provedores . Este
non é un logro se non unha obriga. Outros non o sabían.
Un goberno que se esforza en promocionar a
cultura con actividades coma: concursos literarios, de pintura,teatro, danza,
baile moderno,música, actuacións mensuais de bandas,apoiando as asociacións,talleres...etc...
Un goberno que se esforza en promocionar o
deporte con iniciativas coma: gala do deporte, apoio a clubes e a deportistas
individuais creación de novos
clubes,organización de ligas,andainas, mellora das instalacións deportivas e construción
de novas.
Un Goberno que seguira construíndo
apesares das circunstancias: nova praza en Teresa Fabeiro ou o novo tramo do
paseo (en terreos cedidos por Xestur) e que estará rematado cara o verán.
Un goberno que adquire nova maquinaria
apesares da crise. O concello ten dende q chegamos: un novo camión de recollida
do lixo, un novo tractor, un dumper de obra, un camión con grúa e tamén un
minitractor para zoas como o paseo fluvial (estes dous compartidos con A
Baña,Val do Dubra e Santa Comba)
Un goberno que amplía as actividades e
servizos sociais con novas prestacións, mellora e aumenta o reparto de
alimentos as familias necesitadas e que colabora con todas aquelas asociacións
e persoas con afán de axudar aos mais
desfavorecidos.
Un goberno que puxo en marcha o transporte
Metropolitano xunto coa tarxeta social para axudar os colectivos que
economicamente o poidan necesitar e que
este mes entrará en vigor.
Un goberno que reduce gastos, que aproba
os presupostos a principios de ano e non a finais, que presenta as contas en
tempo e forma e que mellora o prazo de
pago aos provedores.
Un goberno que promociona o comercio:
mellorando a feira do románico,organizando a ruta das tapas, publicitando en
prensa, en fútbol,organizando desfiles de moda de firmas locais,publicando
folletos publicitarios ou sendo sitio de paso de"LA VUELTA A ESPAÑA "
por segundo ano consecutivo.
Un goberno que esta semana santa tivo a un
dos seus representantes en Kiev nunha reunión de representantes europeos de países
coma Turquía,Moldavia,Polonia,Italia ou a propia Ucrania entre outros, onde se
facilitou material publicitario do noso concello e se promocionou o camiño de Fisterra ao paso
polo noso municipio.
Un Goberno que inscribirá ao concello como
Entidade acreditada para recibir voluntarios europeos. Estes, ademais de
coñecer o concello e colaborar con nos, exercerán de embaixadores das bondades
do noso municipio. Faremos intercambios xuvenís con outros países europeos para
que os nosos xoves poidan disfrutar dunha experiencia vital tan enriquecedora
coma esta.
Por outra banda, son penosos os comentarios feitos por unha agrupación que pretende dar
leccións de como se a de gobernar ou publicitar un concello, cando non ten nin
un concelleiro. Ataca a labor do concelleiro de comercio, que ademais é un
comerciante recoñecido no seu ramo, outros non. Pretende popularidade
dicindo o que temos que facer e a que
concellos nos temos que arrimar para facer o noso traballo.
Todo isto porque un día leu no xornal unha
noticia sobre a asociación de varios municipios para promocionarse
turisticamente. Non sabe en que consiste nin o por qué desa unión, pero sen
moverse do seu ordenador orquesta unha campaña de acoso e derribo a un
concelleiro utilizando o insulto e a descalificación que é a arma preferida dos
que carecen de razón e argumentos.
Negreira,A Baña,Santa Comba e Val do Dubra
decidiron dar solución de forma conxunta o problema dos cans abandoados. Neste
acordo hai 4 concellos, os que non están terán que organizarse ou xa estarán
organizados pero que non formen parte deste acordo a ninguén lle chama a atención
como e lóxico.
A súa maneira de facer política é ler o
periódico e pedirlle ao goberno de turno que faga o mesmo que outros, non
propoñen actuacións concretas para problemas concretos. Para iso necesítase
cretividade e ser resolutivo. Copiar e
criticar é moito mais fácil.
Este goberno seguirá traballando para
prestar os mellores servizos que poidamos sendo conscientes de que podemos
equivocarnos pero sempre daremos o mellor de nos mesmos. Firmaremos comunicados
coma este expoñendo e defendendo o traballo realizado e non cartas ofensivas
como fai un, ou ultimatúns a alcaldes elixidos democraticamente como fixeron
outros.
GOBERNO MUNICIPAL