VOSTEDES SABERÁN
Queridos compañeiros de corporación, dende o goberno
municipal queremos comunicarvos, que estamos ao tanto dos problemas do concello
que son moitos e máis importantes que cubrir uns baches con zahorra, que non é
viable como saberán cando cae temporal tras temporal. Apreciamos sinceramente
as aportacións que nalgúns plenos, os menos, fan sobre obras ou servizos (
cando estas son serias e razoadas ) e non podemos máis que sentir lástima cando
fan críticas como no caso que protestaron porque o transporte dos rapaces que
acudían aos cursillos de natación no verán se facía en taxi "¿como poden viaxar os nenos cunha
persoa que non coñecen e non é familiar nin nada?" chegaron a
dicir, o que nos parece unha falta de
respeto a esta profesión ¿ E que Para vostedes non son de fiar os taxistas de
Negreira?
A solución do taxi era a máis viable e económica
para trasladar a 6 rapaces ca o
autobús que era o que
vostedes defendían e por primeira
vez se cubriron os dous meses de verán
no lugar de un . Vostedes saberán.
Existen rúas no propio casco urban que precisan de
arranxos dende hai anos e que ninguén se preocupou por elas. Este goberno farase cargo destes e doutros problemas como leva
facendo dende hai ano e medio.
Por exemplo a
rúa Teresa Fabeiro, a Avda. de Vilachán,Nelson Mandela e que procederemos a
arranxar en canto o tempo o permita xa que
é con tempo seco cando se poden executar estas obras.
Outras como a estrada que circula pola zona
deportiva de Predra Mámoa que leva tamén anos abandoada renovarase por completo
este mesmo ano, renovación de traídas de auga e apertura da piscina. Son só
algúns dos exemplos de tarefas que nos quedan por diante para o novo ano e non
teñan dúbida que as faremos.
Conseguimos poñer e marcha o polígono industrial,
sendo a envexa do resto de concellos o conseguir que unha empresa do tamaño de
SERVICIO MOVIL se instalara en
Negreira a maior dende FEIRACO a non ser o propio concello, que o Sr.
Tuñas a elevou á primeira empresa da
comarca.
Isto é so o principio, xa hai outras tres empresas
instalándose e seguiremos facendo o que
faga falla para traer máis empresas que converterán o noso municipio nun pulmón
empresarial .
Obradoiro de
emprego. Non se explica como non lle saen os
cores ao criticar tal iniciativa deste goberno cando no 2010 o goberno do PSOE co
Sr. Jorge Tuñas de alcalde non solicitou a subvención para o obradoiro de
emprego dese ano renunciando á posibilidade de que moitos desempregados
puidesen formarse cobrando un soldo.Vostedes saberán.
Sabemos que seguirán criticando calquera actuación
que se faga por moi beneficiosa que sexa para os nosos veciños, porque entenden
a política como un xogo de poder no lugar dunha ferramenta para servir aos
veciños. VOSTEDES SABERÁN.
Goberno
Municipal