sábado, 25 de agosto de 2012

OBRAS NO COMPLEXO ESCOLAR DE O COTO

A segunda fase das obras no complexo escolar de O COTO xa está en marcha e unha vez finalizada a renovación da cociña agora tócalle o turno ao peche do pabillón exterior que poderá ser utilizado así todo o ano.
Nun ano o goberno municipal xunto coa Xunta fixo unha inversión superior aos 100.000 euros apesares da situación económica municipal, a maior inversión municipal en anos no centro escolar.