viernes, 13 de julio de 2012

OS CAIXEIROS BANCARIOS QUE DEAN A RÚA PAGARÁN TAXAS EN NEGREIRA

 Ata 15 puntos, incluíndo dous asuntos de urxencia presentados un polo goberno municipal e outro pola oposición, se debatiron no pleno ordinario celebrado onte 12 de xullo.

 O goberno municipal presentou unha nova taxa, para que os caixeiros bancarios que dean á vía pública paguen polo aproveitamento que fan desta, quedan excluídos os que se atopan no interior das entidades.

 Aprobouse tamén o prezo público para a emisión de anuncios en Radio Negreira co que o goberno municipal espera axude ó mantemento deste servizo municipal.

 Modificouse a ordenanza de aproveitamento de instalación deportivas coa que os veciños de Negreira aforrarán sobre os 2.000 € na utilización da piscina municipal descuberta nos meses de verán,gracias aos novos carnets “familiar e de familia numerosa” que se aprobaron.

 O goberno municipal segue así a daptar as ordenanzas municipais aos tempos e as necesidades da poboación xa que algunas das que se levan modificado estaban incluso en Pesétas.

 Aprobouse o regulamento do punto limpio de Negreira onde o destacado é o acordó alcanzado co sector das moblerías para que poidan utilizar o punto limpio para reciclar grazas a un convenio firmado coa concesionaria e que se podería ampliar a outros sectores se así o solicitan.

 Presentouse o modificado da piscina climatizada onde se optou por non colocar a maquinaria do SPA e co aforro obtido climatizaronse as salas de exercicios da planta superior e colocarase una caldeira de pellets para a producción de calor e un sistema de producción de auga quente sanitaria instantánea para evitar a acumulación en depósitos co que se evitan gastos de mantemento e se obtén una maior seguridade sanitaria.

O cálculo de gasto enerxético da piscina co proxecto inicial era de 165.000 € ano e con estas modificacións redúcese nuns 69.000 € ano.

 O pleno habilitou tamén o alcalde para que poña a disposición da Xunta de Galicia a parte do terreo para a nova EDAR que pertence a Negreira e a Baña terá que facer o mesmo coa súa parte.

 Aprobouse tamén a conta Xeral de 2011 é a primeira vez nos derradeiros anos que se fai dentro do prazo legal co que a concelleira de facenda Lorena Rivas e o equipo económico do concello lograron poñer as contas ao día no primero ano de goberno.
 As contas presentáronse cumplido a estabilidade presupostaria ao contrario que as do 2010 e arroxan un saldo negativo de 50.000 € debido aos máis de 500.000€ en facturas que anterior goberno pasou ao 2011 e o excesivo gasto que se realizou nos 5 primeiros meses do ano que gobernou o PSOE. A pesares das medidas correctoras aplicadas como destinar parte do Plan de obras e Servizos a pago de débeda e da reducción do gasto en persoal en 252.000 € non foi posible remontar a desastrosa situación herdada cunha débeda a provedores en 2.238.000 €.

O alcalde José Blanco aproveitou o pleno para agradecer aos veciños e aos grupos políticos as mostras  de cariño expresadas polo pasamento da súa Dona.