miércoles, 16 de marzo de 2011

PRIMEIRA PEDRA

O PP, nun escrito dirixido á alcaldía do concello de Negreira, expresou a súa intención de non acudir á colocación da primeira pedra, da obra da piscina climatizada.
Tal e como se explicaba no escrito, o PP de Negreira está a favor desa obra, pero de todos é coñecido a súa oposición á ubicación da mesma, diante do campo de fútbol.
O PP, por medio do seu portavoz Juan Rey, explicou que non lle parecía correcto, aparecer no acto de colocación da primeira pedra, desta importante obra, nun lugar co que se está totalmente en desacordo.
O PP pedía que se disculpase aos seus representantes, diante do presidente da deputación e mostráballe ao equipo de goberno, o seu apoio perante as negocicacións que haberá que entablar coa deputación, para que se aporten os 264.000 € que faltarían para completar o millón de Euros que se tiñan destinados para esta obra.

GRUPO MUNICIPAL DO PP DE NEGREIRA