sábado, 12 de marzo de 2011

PLENO DO XOVES 10 DE MARZO


O pleno deste xoves no concello de Negreira, non fixo máis que confirmar que o PSOE e a considerada tránsfuga polo PIN, son un problema máis para este concello. No punto quinto da orde do día o goberno municipal levaba un recoñecemento de facturas que no ano 2010 quedaron no caixón 485.926 €. Ademais en tres decretos recoñecían outra boa cantidade de facturas máis de 46.000 € en total unha cantidade superior aos 532.000 € case 86 millóns de pesetas.
No PP recordaron que levaban meses intentando acceder a esas e outras facturas, para saber a cantidade exacta do que se adebeda a provedores, que segundo os cálculos do PP anda preto dos 2 millóns de €uros . “O único motivo polo que non nos deixan acceder a esas facturas é para que non poidamos saber a débeda exacta” .

Este importante recoñecemento de facturas, nin sequera pasou por comisión informativa, polo que o PP votou en contra da súa inclusión na orde do día, xa que ao non haber comisión informativa, non se explicou antes do pleno o porque de que esta importante cantidade de facturas quedase sen recoñecer no 2010.

Hai facturas de tódolos meses do 2010 o que demostra que o concello é incapaz de facer fronte aos seus compromisos de pago en tempo e forma, cando recorre a estas manobras dilatorias para alongar o pago. O Sr. Tuñas replicou que había 2 millóns de € nas contas do concello pero eso é practicamente o que se adebeda a provedores e ademais hai que pagar o resto de gastos do concello.

No referente as contas do 2009 o PP puxo de manifesto que case o 40 % das inversións reais se quedaron sen executar o que pon de manifesto a escasa eficacia á hora de aplicar os presupostos que se aproban.

Tamén se levou a pleno a proposta da alcaldía para a constitución da mesa de comercio local onde haberá dous representantes do concello .O PP puxo de manifesto que o PP como forza maioritaria da oposición debería estar representado e de ser posible que houbese tamén un representante do PIN. Dende a alcaldía prometeron explorar esta posibilidade, pero recordaron que era unha promesa, ademáis condicionaron a inclusión da oposición na mesa de comercio a que o PSOE tivese sempre a maioría.
O PP recordoulle ao goberno municipal que a mesa de comercio era un espazo creado para axudar ao comercio local e non un escenario político no que as maiorías conten, xa que a opinión que debe ter máis peso é a dos comerciantes.