miércoles, 23 de marzo de 2011

O PSOE E AS SUAS PEDRAS

A alcaldía de Negreira, acaba de facer público o seu malestar pola ausencia dos concelleiros do PP do acto da colocación da primeira pedra da piscina climatizada.Quixeramos deixar claro que avisamos con antelación, por escrito e mediante conversación telefónica, da nosa ausencia e dos motivos.

Entendemos que hai a quen lle gusta sair na foto porque entende a política como algo propagandístico e por iso se gastan tantos cartos en accións de propaganda. Nos entendemos a política como unha ferramenta coa que podemos axudar aos nosos veciños.Cando nos toca pleno vamos ao pleno e non estamos pendentes de fotos nin de inauguracións.

Fala o goberno do PSOE de ofensa institucional.Non recordamos que ninguén do PP de Negreira se sentise ofendido por non ser invitados á colocación da primeira pedra na estrada a Pontenafonso,que por certo,hai máis dun ano que rematou o prazo dado pola deputación para presentar o proxecto do seguinte tramo.Descoñecemos se o Sr Tuñas se sinte ofendido por este asunto, pero debería.

Falta de respeto é que se leve a pleno o proxecto da piscina sen consensuar o lugar nin con quen tiña que pagar unha parte.

Falta de respeto é que se chame ao PP a unha reunión onde supostamente se decidiu o lugar da piscina, cando os planos que se levaron ao pleno tiñan data de varios meses antes desa reunión.



Falta de respeto, aos cidadáns e á intelixencia é que se negocie un contrato para a concesión da depuración do concello e se perdan 250.000 € en relación a oferta da mesma empresa só dous meses antes.

Falta de respeto aos cidadáns é que quen ten que velar polos intereses dos veciños perda 106.000 € de subvención na obra do paseo fluvial por non xustificar a tempo as obras.

Falta de respeto aos cidadáns é gastar máis de 25.000 € nunha inauguración dun paseo fluvial.

Falta de respeto aos cidadáns é que o noso concello acumule unha débeda con provedores cercana aos 300 millóns de pts.

Falta de respeto aos cidadáns e á ética é que se asignen obras a dedo a compañeiros de partido.

Falta de respeto aos cidadáns , cos tempos que corren,é ter un presuposto para gastos de persoal de case 100 millóns de pesetas superior ao do ano 2007.

Falta de respeto é que a propia secretaria do concello nun informe solicitado polo PP, e o interventor municipal, recoñezan que o Sr. Jorge Tuñas,en varias ocasións, se saltou os procesos de selección de persoal, contratando a dedo a quen quixo e incluso saltándose a lista que se establecera para facer substitucións. Lista elaborado por este mesmo goberno municipal.

Falta de respeto aos cidadáns é que un concello como Negreira pague a unha asesora de prensa.


O que fixo o PP foi un acto de coherencia política.Se nos parece que o que se vai a facer é un erro non vamos apoiar ese erro coa nosa presenza.
Ao Sr. Tuñas non lle importa para nada a ausencia do PP.O que lle interesa ao Sr. Tuñas é que o PP lle dea cobertura aos seus erros.