Un cargo institucional como o de alcalde, é algo moi serio como para que alguén o utilice en función dos seus caprichos.O alcalde de Negreira, cando fala, faino representando a todo o pobo e ten que ter moi claro cando faio u di algo como alcalde e cando o faio u di como político,xa que neste segundo caso só representa ao seu partido, que no é pouco.
O Sr. Jorge Tuñas pensa que ser alcalde de Negreira consiste en arranxa entradas a fincas privadas, colocar farolas a amigos, facer contratacións a dedo, incluso saltándose as listas de contratación que se aprobaron por decreto do seu goberno municipal, pagar horas extra a amigos varios ou como o caso que nos ocupa marxinar a medios de comunicación por criticar a súa labor de goberno.
Falamos do trato que O Sr. Alcalde de Negreira representando a todo o pobo, lle dispensa a EL CORREO GALLEGO. Como representante do seu partido pode marxinar a tódolos medios de comunicación que se lle entoxe, é o seu problema, pero como ALCALDE, nin pode, ni debe marxinar a ninguén, nin á hora de optar a un posto de traballo, nin á hora de facilitar información á prensa.
Marxinar a un medio de comunicación, significa marxinar a unha parte de la poboación ao dereito á información.
Non se pode exercer de alcalde unicamente botándolle a culpa á oposición de tódolos seus males . Moito menos MARXINANDO.
Negreira é moito máis que o seu alcalde, é este o que ten que estar á altura do pobo que representa.
GRUPO MUNICIPAL DO PP