domingo, 27 de marzo de 2011

ESCANDALO SOCIAL E ECONOMICO

Praza de encargado de centros culturais,Praza de tesoureiro administrativo esta aínda non ofertada pero que se ofertará, segundo nos confirmaron secretaria e interventor e Praza de supervisor de obras .
Estas son as prazas novas ofertadas polo concello todas de “xefes”claro. O custo destas plazas ao ano, uns 90.000 €.
Para darse conta do que esto supón, chega con dicir que cada 3 anos  poderíamos construir un novo centro de discapacitados.

Débese a provedores a día de hoxe preto dos 300 millóns de pts.A débeda con bancos ronda os 200 millóns de pesetas.
O TOTAL DA DÉBEDA  RONDA OS 3 000.000 €.

A diferencia de gasto en persoal dende o 2007 ao 2010 é de case 100 millóns de pts ao ano, e con estes postos de traballo novos superarán o seu propio record e deixarán ao concello nunha previsible quebra técnica.
Dende o 2007 a plantilla municipal ten 13 traballadores máis.

Aínda así sacamos unha oferta de emprego público totalmente innecesaria que o único que conseguirá é aumentar a débeda do concello,

O PP denunciou, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ,a relación de postos de traballo na que se sustenta esta convocatoria, pero aínda non hai sentenza.

A estratexia do PSOE é clara sacar as prazas antes de que saía a sentenza e de que se celebren as eleccións para según se rumorea deixar “colocados” a uns cantos afíns ao seu novo líder o Sr. Tuñas.

Ante a máis que probable derrota electoral, queren pagar favores antes de marchar.

O PP quere que se pare esta convocatoria, tan perxudicial para o concello como innecesaria.