O interventor municipal, emitiu informes negativos sobre diversas contratacións.Máis de 10 informes, nos que expresa o seu reparo sobre o sistema de contratación escollido nalgúns, e nos que fala de incumprimento dos principios constitucionais noutros.
O PP solicitou ver as facturas aprobadas para o seu pago entre o 12 de Outubro e o 31 de Decembro e denegouse tal petición porque “se podía alterar o normal funcionamento dos servizos administrativos municipais”. A mesma petición, en Outubro de 2010 pero entre o 1 de Xuño e o 11 de Outubro, foi atendida sen ningún problema e iso que é un período máis grande.
O que cambiou é a proximidade das eleccións municipais e que o Sr. Tuñas tentará impedir que os membros do PP accedan á documentación contable. Membros da administración local, confirmaron que non existe razón algunha para denegar esa solicitude, máis que o mero capricho do que ocupa o sillón da alcaldía.
Para que non houbese motivo para denegar as solicitudes, o PP solicitou poder ver o rexistro de facturas,e dicir, un mero índice das facturas que entran no concello. Tamén se denegou esta solicitude, eso si tardaron un mes en contestar.
No 2010 solicitamos ver os expedientes das axudas da deputación así como as facturas asociadas a estas axudas e contestóusenos que cando se reunise a información nos avisarían. Aínda estamos esperando.
Esto é o que entende por transparencia o Sr. Tuñas. En canto á xestión , despois de como “xestionou” a aportación da deputación á piscina, a subvención da Xunta ao paseo fluvial onde se perderon máis de 100.000 €, ou mais recentemente o contrato da depuración onde se perde de ingresar preto de 250.000 €. Cando fala de xestionar tampouco entendemos o mesmo.
En momentos de crise económica e de menores ingresos para o concello o Sr. Tuñas saca a concurso catro prazas no concello( BOP 21-02-2011). Non nos parece que os problemas que ten o concello se resolvan cunha convocatoria de emprego público,sobre todo cando se fai en base a unha Relación de Postos de Traballo, denunciada polo PP e polo sindicato UXT, que está pendente de resolución no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. En dúas das prazas as funcións a desempeñar coinciden na súa totalidade con outras prazas xa existentes
As preguntas son varias.
¿Por qué se sacan prazas que é evidente que non fan falla?
¿Por qué agora e non hai dous anos?
¿Vaise a facer unha convocatoria limpa ou, como rezan os varios informes da intervención municipal noutras contratacións, incumpriranse os principios constitucionais?.
O que está claro é que o PP oponse a esta convocatoria tan inconveniente como innecesaria e que vixiará todo o proceso denunciando calquera irregularidade.
GRUPO MUNICIPAL DO PP DE NEGREIRA