viernes, 18 de febrero de 2011

OUTRO PLENO EXTRAORDINARIO

Onte celebrouse no concello de Negreira, “outro” PLENO EXTRAORDINARIO.Aínda hoxe ninguén lle explicou á oposición o motivo polo que os asuntos a tratar(adxudicación da extensión da rede de abastecemento e adxudicación da depuración de residuais) se levaron a un pleno extraordinario e non se trataron nun ordinario,o aforro de custes que suporía.

No segundo punto da orde do día o PP, por medio do seu portavoz Juan Rey, expresou a súa sorpresa ao ver que o acordo, ao que chegou o Sr. Tuñas coa empresa adxudicataria, era inferior á anterior oferta da mesma empresa en case 100.000 € e que a duración do contrato era 5 anos mais.

Para a concesión da depuración fíxose un concurso que se declarou deserto hai uns meses .A concesionaria da depuración concorrera cunha oferta de 300.000 € de canon a aportar ao concello para obras e o mantemento das tarifas por un contrato de dez anos. Era a mellor oferta, pero por unha discrepancia na forma de presentar a oferta en relación ao prezo ofertado foi desbotada.
Fíxose un novo concurso e ampliouse o prazo do contrato a 15 anos o que supostamente faría que a oferta aumentase. Na realidade a oferta disminuíu en case 100.000 €.
O caso é que esta oferta volvía a ter unha discrepancia no prezo ofertado, pero desta volta se lle permitiu aos representantes da empresa clarexar os termos económicos da oferta na mesa de contratación, cousa que na anterior oferta non se lle permitiu, xa que a carta enviada polo concello á empresa pretendía que esta respondese a unha pregunta concreta, que para nada podería explicar a oferta económica realizada.

A pregunta do PP foi clara.¿Por qué antes non e agora si?. O Sr. Tuñas acompañado por dona Pilar Pérez intentaron convencer ao portavoz do PP de que a situación era diferente, cousa que non conseguiron.

Por poñer un exemplo a primeira oferta da empresa de 300.000 € por 10 anos supoñía 30.000 por ano e se pasamos iso a 15 anos serían 450.000 € .O que agora ofertaron por 15 anos foi de 203.500 €.
Outra mala xestión do Sr. Tuñas que sigue empeñado en demostrar a inoperancia do seu goberno en calquera área de goberno.
Por non saber resolver os problemas do primeiro concurso o concello ten agora unha perda de ingresos que rondaría os 247.000 €.