viernes, 12 de noviembre de 2010

SOGAMA RECLAMA 137.884 € AO CONCELLO

A principios deste mes Sogama fixo chegar un escrito ao concello de negreira onde lle reclama facturas de novo , esta vez por valor de 137.884.30 €. As facturas pendentes remóntanse a agosto do ano 2009.

Non deixa de ser curioso que os veciños aboen puntualmente os recibos, pero o concello non sexa tan dilixente á hora de facer os pagos. Todo isto despois de que o Sr. Jorge Tuñas alcalde do concello presumise na radio municipal de superávit das contas municipais. Gustaríanos saber en que se empregan os cartos que os veciños pagan en taxas de recollida de Lixo.

Mentres os provedores esperan mais dun ano para cobrar o Sr. Alcalde gasta mais de 25.000 € na inauguración do paseo fluvial, en festas e convites varios, fai unha pista de chave que ninguén usa ao tempo que se queixa amargamente dos poucos cartos que recibe da Xunta para poder seguir malgastando ao seu entoxo.



Tan só se pensa en gastar o que faga falta para acadar algún voto mais aínda que a débeda aumente aínda mais. Recordemos que a débeda con provedores de produtos ou servizos ao concello era a finais de setembro de 1.435.000 € .
O motivo de non pagar é que de facelo se crearía un problema na tesourería do concello. Mentres o goberno municipal segue derochando cartos se plantean pedir un préstamo.