lunes, 1 de noviembre de 2010

INUNDACIÓNS NO GARCIA CALVO

Concellais do PP foron testigos do estado en que se atopan os vestiarios e estancias do García Calvo. Os días de choiva a auga penetra polas unións das gradas que requiren dende fai tempo dunha urxente reparación. É tal a cantidade de goteiras que se forman debido a esta deficencia, que no falso teito ábrense buracos en ringleira dando paso unha enorme cantidade de goteiras.

Das 10 duchas que hai en cada vestiario ( local e visitante), tan só funcionan catro por cada un. Tamén deberían sustituirse a grifería das duchas por pulsadores de parede, que son máis duradeiros e se conseguen unha maior dosificación da auga. Ata un simple espello que está roto non se cambia co perigo que supón iso nun vestiario ou marcos e portas que necesitan arranxos.
Isto non deixa de ser outra mais das neglixencias do goberno municipal que conta cun operario encargado do mantemento das instalacións deportivas. Na mesma entrada destas estancias vese como os canalóns de recollidas de augas pluviais atópanse descolocados e rotos sendo imposible a súa función, algo que o concelleiro actual de deportes parece preocuparlle.

O goberno municipal do PSOE, dedícase a inauguracións, e actos sociais , cando a solución require dun investimento pequeno que non chegaría ni á cuarta parte do que se gastou na inauguración do paseo fluvial.

Veremos mais festas neste mes pero seguiremos dando unha pésima imaxe ós equipos visitantes e un mal servizo ás persoas dunha sociedade deportiva que defenden, dan e deron a coñecer nome do noso concello por España adiante.


GRUPO MUNICIPAL DO PP