viernes, 19 de noviembre de 2010

PASEO FLUVIAL


O PP advertiu do que pasaría no paseo fluvial en canto chegasen as primeiras choivas, mesmo que pasou noutros camiños de zahorra que se empeñaron en facer en zonas onde este material non é o adecuado, por pendentes pronunciadas ou coma neste caso, que transcorren á beira dun río.
Na imaxe pódese apreciair como nalgunhas zonas foi a auga da choiva ao discorrer polo camiño a que provocou que partes enteiras do camiño fosen parar ao río.

Avisamos, do que pasaría nas zonas onde, erroneamente, se fixo descorrer o paseo pola beira mais baixa, habendo alternativas, que aínda hoxe non sabemos porque non se tomaron. A proba está, en que onde a beira pola que transcorre o camiño é a mais alta ou non está afectado ou o dano é mínimo.

Avisamos do que sucedería no caso de choivas fortes, que eiquí na nosa querida terra sucede a con certa frecuencia.
O tan cacareado paseo “respetuoso co medioambente” terminou enchedo o río de barro e todo pola mala cabeza dos que nos gobernan. Non se poderá botar a culpa aos técnicos por querer facer un camiño sustentado só con terra sobre terra, xa que para o goberno local era mais ecolóxico. A súa ecoloxía mal entendida fará que esta e outras obras de similares características se teñan que reparar unha e outra vez.
O actual alcalde chegou a dicir que se o que dicía o PP pasase se arranxaría e punto como se nota que non ten que poñer os cartos do seu peto.
A penas un mes despois da inauguración o tempo dalle a razón ao PP tamén neste tema.