miércoles, 1 de diciembre de 2010

POLIGONO INDUSTRIAL

COMUNICADO PP DE NEGREIRA

Os empresarios que apostaron polo noso pobo, son as víctimas desta situación e os que ademais arriscan os seus cartos para traer prosperidade ao noso concello. Por iso é polo que hai que arranxar o problema do polígono XA.

Son víctimas da INCOMPETENCIA do Sr. Jorge Tuñas que está mais preocupado por conservar o sillón que dos problemas dos cidadáns. Incluso conta cunha asesora de prensa que ninguén sabe sobre que asesora ou que beneficio reporta ao concello.
O PP promoveu unha reunión entre o alcalde , Xestur e a Xunta onde quedou claro que o concello non estaba actuando de maneira dilixente.

Son víctimas de novo da mala xestión de este goberno municipal, que é incapaz de xestionar calquer situación sen crear un problema novo.
O Sr. Tuñas con varios avogados aos que podería consultar é incapaz de saber que ten que firmar os edictos para poder ser publicados no BOP e o que é peor arremete contra medios de comunicación,contra Xestur ou contra que faga falla antes que recoñecer a súa culpa.

En reunións que membros do PP de Negreira tiveron con Xestur, quedou claro que no tema do colector, Xestur pedira ao concello permiso para facer o colector en outubro ou que o concello solicitase facer a obra directamente.

Desde Outubro o Sr. Jorge Tuñas aínda non contestou. Esto ademais de non saber que facer cos edictos que Xestur lle redactou para aforrarlle traballo ao concello e axilizar os trámites.

O PP pídelle ao Sr, Tuñas que traballe para os veciños e se olvide de buscar inimigos para xustificarse.
Que faga os trámites que lle corresponden ao concello sen mais demoras e que saque adiante o polígono industrial que tan necesario é para a nosa comarca.

Todos fomos testemuñas das promesas que se fixeron no salón de actos da casa da cultura e que foron incumplidas pola antiga xerencia de xestur, do retraso que as loitas internas no PSOE local levaron a tódolos asuntos do concello.
Foi a nova Xerente de xestur a que se puxo en contacto co concello despois da envestidura do Sr, Tuñas, con que se reuniu en varias ocasións dúas delas en Negreira para solucionar os moitos problemas que tiña o polígono, como era a compra no 2006 de terreos a persoas que non constaban no rexistro como propietarios. De ahí a necesidade dos edictos.


Aos empresarios lles decímos que teñen todo o noso apoio , que sentimos que sexan as víctimas desta situación e que estamos a súa disposición coma sempre.

GRUPO MUNICIPAL DO PP