sábado, 16 de octubre de 2010

ENTREVISTA JUAN REY RADIO NEGREIRA

INTERVENCIÓN RADIO

Pactos electorais:
Temos claro que calquera voto que non veña ao PP terminará no PSOE é dicir e para que quede moi claro, tal e como está o panorama ou sacamos maioría absoluta para a cal tan só teríamos que subir un concellal e medio ou gobernamos en minoría pero non pactaremos con outro partido.
Este punto leveino ao comité local do PP e por unanimidade apoiouse esta postura e fíxose antes das eleccións e non despois para que quede clara a nosa postura.
O PP é conciente de que calquera voto que non vaia ao PP terminará no PSOE.

Paseo Fluvial :
O paseo fluvial foi unha promesa do PP nas eleccións do 2003 houbo incluso denuncias, que terminaron en nada, pero que atrasaron o proxecto. O caso é que se rematou agora esta segunda fase cun proxecto que se negociou coa xunta e se aprobou sendo Juan García alcalde. Benvido sexa e que os nicrarienses disfrutemos del.
O que xa non me parece normal e que se gasten os cartos en celebracións faraónicas para inaugurar unha obra, penso que hai moito onde meter os cartos .
A miña obriga é chamar a atención sobre isto e vixiar como así o faremos as facturas destes gastos mais que evitables nos tempos que corren.

TRAÍDAS DE AUGA DE MARCELLE,MAIO PEQUEÑO E LOGROSA
Está mais que claro que houbo deixadez do goberno municipal e demostrámolo con papeis que son de aceso público no expediente da tramitación destas traídas. Hai retrasos que tan só se explican polo pasotismo do goberno municipal.

XESTIÓN DO DIÑEIRO PÚBLIC
A xestión do diñeiro público que fai o PSOE en Negreira eu entendo que algunhas persoas pensan que en política todo vale pero a xente non é tonta e a realidade é terca.

A verdade é que este é un dos gobernos que mais cartos en subvencións perdeu e un dos que peor xestiona.
-Plan da deputación da Coruña para parques infantís de ata 60.000 € non se acollen a él e gastan case 90.000 en arranxar dous parques co plan E, que se puideron investir noutro sitio. Por certo nun concello da nosa contorna co plan da deputación arranxaron ata 6 parques.
-No presuposto do ano 2006 o gasto de persoal era de 1.411.000 € e no presuposto do 2010 é de 1.814.000 mais de 67 millóns de pesetas de diferenza.
-O que nos custaban os cargos políticos en soldos no 2006 foi de 30.000 € e no 2010 é de105.000 € a partida destinada aos cargos políticos é de é dicir case 12 millóns e medio de pesetas mais.
- As inversións reais no 2006 foron de 1.919.000 € e as previstas neste ano son de 1.062.000 € .
- Dicir que un concello ten superávit é unha temeridade porque en Febreiro debíaselle a provedores sobre 1 MILLÓN DE EUROS e que pensará esta xente cando oe dicir na radio que o concello ten superávit.
Ademais o resultado do orzamento do 2006 era de 391.663 € é dicir que gastaron 265.000 € do resultado do exercicio do 2006 . Eu non lle chamaría a isto superávit se non gastar do que aforraron outros.
Agora mesmo o maior problema para Negreira é a xente que leva o goberno municipal.

Juan Rey Maceira