lunes, 11 de octubre de 2010

PETICIONS POPULARES

Acabamos de presentar no concello un escrito no que se reclama a instalación de bandas rugosas para a rúa Castelao ata o IES Xulián Magariños por tratarse dunha zona perigosa de circulación, sendo  moi peonil, tanto polos centros educativos, centro de saúde, oficinas da administración e dar acceso ós parques infantís. Así mesmo pídese a correcta sinalización de tráfico para a confluencia de dita rúa con Teresa Fabeiro.

Dende o PP tamén lle recordamos o goberno municipal do PSOE que cando se aprobou no pleno correspondente a remodelación da rúa Castelao, insistimos se preocupasen en deixar ben arranxado o problema de augas pluviais que se  "embalsan" entre o colexio de O Coto e o instituto, tanto na súa parte superior como inferior, que é o lugar onde os autobuses deixan e recollen ós nenos. Un problema que agora, neste segundo período de choivas, volve a demostrar a mala planificación ó respecto. Este inconvinte de augas tamén sucede no remate da beirarrúa esquerda o final da rúa Teresa Fabeiro.

O goberno do PSOE fala na rúa de deixar as arcas valeiras por si non gobernan para o ano que ven, contentando a xente a base de comidas e festas por inauguracións, invitacións a ceas e pinchos varios e asumindo custes en diversos actos organizados, despois de ver como unha asociación xuvenil tivo que levar o concello veciño de A Baña unha festa de DJ´s ante a falta de resposta e apoio por parte do concello de Negreira.

Entendemos pois, que con tantas gañas de "soltar" cartos non terán problemas en dotar de papeleiras a varias rúas como a mesma de Teresa Fabeiro ou a Avda. de Vilachán ou no arranxo dun segundo xogo infantil no parque do coto uns días despois que o PP denunciase o deterioro doutro elemento.