martes, 28 de septiembre de 2010

O PP congratúlase de que finalmente se rematara o paseo fluvial, comezado no seu día polo PP e cuxa segunda parte, se negociou coa Xunta de Galicia sendo aínda alcalde Juan García.
Inaugurouse este sábado pola corporación que agora preside o Sr. Tuñas . Paseo que agora poderán disfrutar tódolos veciños.
O certo é que o PP se quere facer eco do malestar que existe entre algúns veciños, debido ao que consideran un despilfarro, como é a comida gratuíta para veciños e algúns non veciños que se deron cita na inauguración do sábado.
Todo isto, o que parece é formar parte dunha campaña de propaganda que comezou coa contratación dunha asesora de prensa para “vender” a imaxe do Sr. Jorge Tuñas.

Ao PP lle gustaría saber a cantos provedores do concello, que levan meses agardando a cobrar, se lle podería pagar con estes dispendios e ademais esiximos que se cambie o xogo do parque do coto que está estropeado, xa que á vista está que con estes despilfarros, non se pode alegar problemas de cartos.
Pensamos no PP que cos tempos que corren hai mellores maneiras de investir os cartos públicos en beneficio dos veciños.

GRUPO MUNICIPAL POPULAR