martes, 21 de septiembre de 2010

DESGOBERNO MUNICIPAL

Como sempre o goberno do PSOE desviando a atención e escorrendo as responsabilidades propias dun goberno municipal. O PP falou no seu día de “desidia e ineficacia” nas tres traídas proxectadas en Maio Peno, Marcelle e Logrosa e poñemos papeis enriba da mesa co demostran e ¿Que responde aos cidadáns o insigne Jorge Tuñas? “una mano negra”.
Este goberno se parece cada día mais á “administración Recio ” da famosa serie de humor e o seu máximo mandatario ao personaxe da serie, que tamén se queixaba todo o tempo de “una mano negra”.
No PP de Negreira non facemos insinuacións se non que aportamos documentación, a outros bástalles con queixarse e facerse as vítimas.
Seguiremos esixindo ao goberno municipal que arranxe o problema das traídas e que se fagan as obras dunha vez por todas, a non ser, que o que lle interese, sexa que queden para o ano que ven o maior número de obras posibles para terminar, xa que é ano electoral.


Nun escrito do concello a Augas de Galicia con data de saída 10 de Agosto de 2010 e número de rexistro 2653 referente á traída de Marcelle o concello especifíca o número das parcelas onde se atopan as fontes 448-372 e 264 para logo afirmar "dispoñemos, neste intre das autorizacións dos propietarios das parcelas 448 e 264". Dous anos despois de iniciarse o trámite do expediente aínda non teñen os permisos dos veciños e presumen de eficacia.

Outro tema sangrante é o saneamento de Marcelle onde se instalará una depuradora. O PP se interesouse por este proxecto que está presupostado e adxudicado a unha empresa, pero que non se pode facer porque o proxecto enviado polo concello ESTÁ MAL e non se pode executar. ¿”Mano negra” ou xestión ineficaz?