lunes, 13 de septiembre de 2010

MENOS PROPAGANDA E MAIS XESTIÓN

A INEFICACIA DO GOBERNO DO PSOE FAI QUE ALGO QUE SE TARDA EN TRAMITAR ENTRE 3 E 7 MESES SE CONVIRTA EN DOUS ANOS.

A desidia e a ineficaz xestión do goberno do PSOE fai que a tramitación do expediente para as traídas de auga de Maio Pequeno en Liñaio, Marcelle en Landeira e as da parroquia de Logrosa se retrasen por falta de interés do goberno municipal. Estas obras foron aprobadas en Setembro de 2008 cando aínda era alcalde Juan García Fuentes e dous anos despois seguen sen rematarse a tramitación do expediente debido á total ineficacia e á desidia deste goberno á hora de preocuparse por esta obra de vital importancia para os veciños, xa que algúns chegan a quedarse sen auga ao longo do ano.

Os motivos polos cales non se puido rematar o expediente das citadas traídas , son do mais variopinto:
-Falta de autorización de paso por parte dos propietarios do terreos.
- Informes de sanidade firmados por un enxeñeiro de camiños cando tiñan que vir avalados pola consellería de sanidade.
-Ausencia no proxecto dunha captación de auga asociada a unha traída.
-Errónea identificación das parcelas das traídas.
- Esquecemento por parte do concello do pago das taxas da obrigada publicación no BOP. Só isto retrasou o expediente mais de 6 meses.

Ao longo do expediente ao concello se lle requiriu información en repetidas ocasións xa que ou ben non a presentaba ou o facía parcialmente.
Ante este cúmulo de despropósitos o PP pídelle ao goberno municipal que se poña a traballar con sentido e saque adiante esta obra. O PP pedirá informes da situación do expediente semanalmente a Augas de Galicia para asegurarse de que se están a facer as cousas ben.