viernes, 10 de septiembre de 2010

PLENO DE SETEMBRO

Onte, celebramos o pleno ordinario de setembro e ademais das festas locais para o ano 2011 e a aprobación da dotación de crédito a determinadas contas, para facer fronte a pagos a provedores, dende o remanente do 2009 por valor de mais de 194.000 € o punto que mais debate suscitou, foi o que facía referencia ao expediente da extensión da rede de abastecemento cara Cobas. O PP solicitou que se puidese puntuar mais por unha maior rebaixa no prezo da obra, pero o PSOE “curiosamente” rechazou esta proposta, co que a ningunha empresa se lle puntuará unha rebaixa maior do 5%. Ao PP non lle parece lóxico que non se incentive unha rebaixa maior na concesión da obra, o que redundaría nun beneficio para o concello ao facer a obra cun menor custe.
Onde rizou o rizo o Sr. Jorge Tuñas, foi no turno das mocións, onde rechazou dúas presentadas polo grupo popular para que se retrasase a devolución dos cartos que o goberno Zapatero enviou demais, tanto á Xunta como ao concello, por facer uns presupostos irreais durante o 2008 e o 2009, cando todo o mundo sabía que estábamos en crise menos o presidente e os seus ministros.
O Sr. Tuñas aproveitou para culpabilizar á Xunta de Galicia de non investir en Negreira e ao grupo do municipal do PP de non facer o suficiente. O portavoz do PP Juan Rey replicoulle que a oposición do PP en Negreira era modélica e que grazas as xestións do PP local Negreira ía a contar cunha depuradora nova, a segunda financiada pola Xunta no concello, sempre co goberno popular na Xunta. Recordoulle as xestións feitas para desatrancar o polígono industrial que catro anos de bipartito non foron capaces de terminar e as xestións realizadas en materia de transporte escolar e as realizadas en prol da sección da escola de idiomas, por non mencionar as realizadas para que o goberno municipal non perdese a subvención dunha obra que non rematou a tempo e que o concello tería que pagar de igual forma, co conseguinte quebranto para as arcas municipais.
Juan Rey rematou dicindo que era normal que ao PP se lle pida mais que a outros partidos cando gobernan xa que está demostrado que é o único que é capaz de resolver eficazmente os problemas dos cidadáns.


GRUPO MUNICIPAL POPULAR