viernes, 12 de marzo de 2010

POPOSTA DO PP PARA A UBICACIÓN DA PISCINA CLIMATIZADA

O PP propuxo como ubicación para a piscina climatizada, o terreo municipal que hai entre o campo de fútbol e o pavillón polideportivo, no pleno municipal celebrado o 11 de marzo.

O PP quixo deixar claro que esta é unha proposta coma pode haber outras que estudarían gustosamente se así se lle pide e levou a proposta como ROGO e non como MOCIÓN, para que non tivese que votarse xa que consideran que a proposta que se debe votar no pleno é a que os concellos de Negreira e A Baña propoñan conxuntamente.

Esta proposta é consecuencia da labor que como oposición o PP está obrigado e desenrolar, propoñendo alternativas coma neste caso a unha ubicación do equipo de goberno socialista, que para os membros do PP non é a idónea, xa que a ubicación proposta polo PSOE eliminaría unhas 80 prazas de aparcamento , invadiría o actual recinto do campo de fútbol e deixaría unha entrada a este moi escasa.

No PP opinan que o actual alcalde debe cambiar a súa actitude e maneiras de facer en este asunto e falar co alcalde de A Baña en lugar de dedicarse a enviar comunicados de prensa e pensar mais que os cartos que administra son públicos e deixar de malgastar os recursos de todos, mirando a eficiencia económica en obras desta envergadura e deixar de pensar en clave electoral. A piscina é un proxecto de todos que interesa a todos. Pero as cousa hai que facelas con cabeza neste e noutros asuntos, coma no novo aceso ao concello, pero ese é outro asunto.


PROPUESTA_PP_DE_NEGREIRA_-_A3