jueves, 25 de marzo de 2010

MAIS DO MESMO

Jorge Tuñas segue coa  política do PSOE  de ocultación, despilfarro dos cartos públicos e de contratacións irregulares.

Chámasenos a un pleno extraordinario para aprobar as obras do Plan E sen  tempo para estudialas, sen ser consultados para ningunha e póñensenos trabas para ver os proxectos unha vez pasado o pleno, cando por lei pasan a ser de libre acceso ós veciños e polo tanto como membros da corporación podemos solicitalos directamente ao funcionario sen solicitar permiso á alcaldía.

Mentres o Sr. Jorge Tuñas colga na súa páxina persoal do Facebook copias dos planos que se lle negan aos concelleiros da oposición.

 

Fai obras faraónicas para cumprir a lei de accesibilidade no concello gastando 15.000 na entrada do concello e eliminando prazas de aparcamento, cando se podía solucionar coa apertura dunha nova porta ou ben no lateral do concello ou na parte traseira, con custo moi pequeno e sen sacar prazas de aparcamento.

 

Sogama segue reclamando por escrito débedas, neste caso a do mes de Setembro do 2009 .

 

Seguen as contratacións irregulares. O informe do interventor de data 22 de Xaneiro di claramente que dúas contratacións realizadas para conserxe e a de operario de tarefas diversas se realizaron sen ter en conta os principios de publicidade, igualdade, mérito, capacidade e a  transparencia debida.

 

O PP pediu por escrito a débeda con provedores 31 do decembro do 2009 ata en tres  ocasións e ó final poderemos ter aceso a esa información  o vindeiro 15 de Abril, esperemos que así sexa, xa que en outras ocasións faltaba documentación dos expedientes solicitados.

 

Non é facilmente comprensible tantas manobras de ocultación dos asuntos públicos  e tanta falla de responsabilidade. Os acertos son obra do goberno municipal e os erros culpa doutros ou en todo caso do PP de Negreira.Unha pena.