martes, 9 de marzo de 2010



 POLÍGONO INDUSTRIAL
 

O portavoz do PP de Negreira, Juan Rey Maceira,  entrevistouse esta semana coa Xerente de Xestur Coruña, María Doporto, para coñecer de primeira man como van os trámites do polígono industrial de Negreira. Nesta reunión a xerente confirmou que están a arranxar os problemas que o concello lle comunicou para aprobar a reparcelación e que se está a cumprir con tódolos compromisos que adquiriu na súa visita de Setembro a Negreira.

 Juan Rey insistiu no importante que é para Negreira que se axilicen ao máximo todos os trámites debido ao retraso que acumula o polígono e aos problemas que isto está a causar ós empresarios que teñen xa investido cartos en proxectos para desenrolar no polígono.

  María Doporto dixo que representantes de Xestur visitarán Negreira nesta semana ou na que ven  e que aproveitaran para reunirse cos representantes municipais e falar sobre esta obra.

 

 Unha vez aceptada a reparcelación por parte do concello os propietarios das parcelas poderán  rexistralas e para resolver o problema final da recepción do polígono o PP propón que o concello lle presente un documento a Xestur condicionando a recepción do polígono ao compromiso por parte de Xestur de colocar unha depuradora provisional en canto se levante a primeira nave e en tanto Aguas de Galicia non constrúe a nova EDAR.

  Chegados a este punto non debería haber problema para dar as pertinentes licenzas para  a construción das naves 

   O portavoz do PP ve boa vontade,tanto por parte tanto do concello coma  de Xestur para resolver este problema, polo que considera que debe de arranxarse no menor tempo posible para que este pulmón económico do noso concello se poña a funcionar.