O PP de Negreira organizou este Venres unha homenaxe aos afiliados desta formación e fixose unha mención especial a dous históricos militantes como JOSÉ VILLAR PÉREZ e MANUEL SUÁREZ QUIÑOY.
Villar foi concelleiro durante 16 anos consecutivos e Quiñoy foi secretario da formación durante mais de 17 e os dous levan case 30 anos traballando para o PP.
Nas imaxes pódese ver a ámbolos dous recollendo sendas placas, en recoñecementeo a súa labor, coas que foron agasallados por parte dos seus compañeiros e que foron entregadas por Juan Rey en presencia do presidente provincial D.Carlos Negreira e o conselleiro D. Agustín Hernández.
Dende o PP de Negreira, agradecemos a todos o apoio prestado para que esta mais que merecida homenaxe se puidera realizar.