jueves, 11 de febrero de 2010

DE MAL EN PEOR

 

Despois da moción de censura interna no PSOE o único que nos restaba era ver a maneira de funcionar do novo alcalde e tras  5 meses xa temos a resposta.

 Por poñer uns exemplos, a estrada a Pontenafonso aínda segue sen rematarse, unhas obras que empezaron en maio de  2008 , o centro cultural novo entralle auga antes de estrearse e  segue sen abrirse, as acometidas eléctricas novas de Cepelo e García Calvo seguen sen rematarse.Estanse a facer no 2010 obras aprobadas no 2009 e seguen sen facerse outras aprobadas no 2008.

Si falamos de xestión económica a cousa empeora. Concédese unha obra a unha construtora 20.000 mais cara que a mellor oferta económica, despídese a unha traballadora, despido que foi considerado como improcedente pola secretaria municipal, co que houbo que pagar unha indemnización de 5.690 € que curiosamente  se pagou con cargo a unha partida de promoción do emprego ,curiosa maneira de promover o emprego .Perdeuse unha subvención de outros 20.000 € para o posto de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local. Sogama reclamou unha débeda de 69.971 € polo lixo que o concello xa había cobrado aos veciños. Todo isto en 5 meses de xestión. Para arranxar todo  dende o mes de Xaneiro  a Tránsfuga do PIN Dona Pilar Pérez pasa a cobrar un soldo do concello de mais de 20.000 € é dicir que a persoa que lle da o goberno ao PSOE presuntamente págaselle o favor cos cartos públicos.

O PP preguntou por escrito pola débeda cos provedores e a resposta é que non hai no concello ningún documento con ese dato.

 O dito de mal en peor.