martes, 4 de octubre de 2011

OBRA TRAÍADA MARCELLE

O concello de Negreira non autorizou a conexión a ningunha traída no abastecemento de Marcelle de ningún manantial que non estea no proxecto .

O concello abrirá un expediente informativo para comprobar se as denuncias da oposición son reais e depurar responsabilidades no caso de habelas.

Actualmente estase a redactar un modificado do proxecto xa que no orixinal unha das fontes non ten a cota suficiente como para poder ser incorporada ao abastecemento e ademais o depósito de reparto tampouco tiña a cota suficiente para dar servizo a todos os veciños co que hai que cambiar a súa situación.
No proxecto orixinal tampouco  estaba presupostada toda a tubería necesaria para o proxecto aínda que si estaba contemplada nas medicións o que ocasiona unha merma no proxecto subvencionado duns 26.000  € . Esto si que é unha chapuza.

Queda claro que a obra licitada polo anterior goberno do PSOE non é a adecuada para garantizar o servizo aos veciños de Marcelle e por iso se fai o modificado, para que todos teñan a mesma posibilidade de acceder ao suministro.

Queda tamén claro que o PSOE non busca máis que o enfrentamento cos veciños  cando minte descaradamente falando de contaminación de manatiais , xa que a obra non está rematada e polo tanto non está en funcionamento.

Seguiremos arranxando todos os problemas que herdamos do Sr. Jorge Tuñas incluído este.