sábado, 8 de octubre de 2011

INTERNET NO RURAL

Responsables da empresa allticnor de Oroso dan explicacións sobre o funcionamento do sistema de conexión a internet vía satélite.
Veciños, membros de asociacións o concelleiro de Xuventude e deportes, Manel Hombre, o alcalde de Santacomba, Antonio Landeira e técnicos dos dous municipios acudiron á demostración que se fixo na area recreativa de Cobas.
Este sistema non pretende sustituir ao cable pero é unha boa opción naquelas zonas onde aínda tardará en chegar, xa que cubre o 100 % do territorio e só precisa dun lugar para instalar á antena que orientada ao sur se conecta co satélite hispasat para ofrecer o servizo.

O concello firmará un convenio coa empresa que ofrecerá esta opción aos veciños que ata o de agora non tiña aceso a internet de banda ancha.