miércoles, 20 de abril de 2011

ENTREVISTA MOBILIDADE


O PP de Negreira, a pesares da campaña electoral, como principal forza da oposición, non descoida as súas obrigas e segue coa súa ronda de contactos na Xunta para tentar conseguir o maior número de servizos posibles para o pobo.

Neste caso, Juan Rey entrevistouse co Director Xeral de Mobilidade Miguel Rodríguez Bugaín para analizar a posibilidade de que Negreira se incorpore ao transporte metropolitano e de que esta modalidade se extendera a todo o municipio e non só á vila de Negreira,xa que está é unha das propostas do programa do PP para as vindeiras eleccións.

Así o PP presentará unha serie de rutas a Mobilidade que cubran todo o municipio para estudiar a súa viabilidade e as posibilidades de cofinanciación Xunta e o concello.



Juan Rey cree que esta incorporación ao transporte metropolitano será moi beneficiosa tanto para a mobilidade da poboación fora do concello como para promocionar Negreira como lugar para vivir.