domingo, 6 de febrero de 2011

O POLÍGONO PODERÍA CREAR MAIS DE 100 POSTOS DE TRABALLO NESTE ANO

Ademais das empresas locais que levan tempo” sufríndo” a lentitude da posta en marcha deste pulmón empresarial,hai empresas interesadas en instalarse no polígono nicrariense.Unha delas crearía preto dos cen postos de traballo.

O polígono industrial , ten que ser o motor económico do noso municipio e o goberno do PSOE o único que fai é retrasar a súa posta en marcha, porque está mais pendente do interés dun “técnico” que do interés dos veciños.

En outubro do ano pasado, Xestur solicitou permiso para conectar o polígono á depuradora municipal e facer o colector. Fixo falta que pasaran ata catro meses para que o Sr. Tuñas se decidise a contestar.Este é o interés que lle pon ao polígono.

O futuro de preto de cen postos de traballo no concello están en xogo, se o polígono non se pon a funcionar canto antes.

O goberno municipal, ten todo o noso apoio para que estas inversións se materialicen en Negreira. De non actuar axiña, poderían rematar noutro municipio .

Tan só pedimos que se olviden dunha vez de facer campaña,que pensen no mañán e non só no agora e se poñan a traballar para o interese de todos.

O POLÍGONO E ESTAS INVERSIÓNS SON O FUTURO DO NOSO POBO.

GRUPO MUNICIPAL POPULAR