viernes, 11 de febrero de 2011

MAL ALCALDE, MALAS FORMAS

Ás 13 horas do venres 11 de febreiro, no salón de plenos do concello de Negreira.Esa era a hora á que estaban convocados os membros da Comisón Informativa de Obras,Urbanismo e Servizos Públicos en sesión extraordinaria.
Os representantes do PP e do PIN nesa comisión estaban antes desa hora no salón de plenos, incluso o concellal de urbanismo do PSOE, pero non así o alcalde que debía presidir a comisión.
Ás 13:15 minutos o Sr. Jorge Tuñas apareceu no salón de plenos, onde os membros da oposición lle recriminaron a tardanza e lonxe de pedir desculpas adoptou unha actitude "chulesca" dicindo que se querían podían marchar, cousa que fixeron os membros do PP e do PIN.

Unha tardanza de 15 minutos non parece moito, pero o feito de que algún dos membros da oposición tivera que deixar o traballo para acodir á reunión e o feito de que o Sr. Tuñas estaba a 5 metros no despacho da alcaldía e non se molestase en avisar do retraso e o que é peor que adoptase unha actitude prepotente no lugar de desulpar a tardanza foi a gota que colmou a paciencia da oposición que deixou aos membros do PSOE plantados.

Juan García pediu desulpas nun pleno por non acudir a unha comisión informativa. Visto o comportamento do seu predecesor non esperamos o mesmo.