miércoles, 16 de diciembre de 2009

XESTIÓN DESASTROSA

Jorge Tuñas e o seu equipo de goberno conceden a obra de reforma do campo da feira a unha empresa que ofertou 17.802 € e 21.685 € mais que outras dúas empresas. A oferta desta última empresa foi recomendada polo arquitecto que elaborou o informe decantándose por esta en canto a prezo (188.732€ ) e que incluía ademais o compromiso de facer a obra en mes e medio e pola que ao final resultou elixida en canto ao prazo de execución 30 días e 210.417 € de presuposto

Na práctica os veciños de Negreira pagarán 3.608.080 pts a maiores por unha obra que ao final levará preto do mes e medio facela ( o que ofertaba a mais barata). Preguntámonos no PP se o sr. Alcalde e os seu compañeiros da Xunta de Goberno Local pensan poñer eles os 21.685 € do seu peto.

Supoñemos que esta é a maneira que o novo alcalde entende por xestionar mellor, pagar mais por algo que se pode facer mais barato.
Non nos vale que argumente que había que facer a obra en tempo determinado, porque en realidade ninguén salvo o Sr. Jorge Tuñas ten a culpa de que non se iniciase antes o proceso de licitación da obra, ninguén salvo a súa “ fabulosa xestión” que ao final pagamos todos.

Que pase el siguiente.