miércoles, 21 de octubre de 2009

CAMBIOS DE GOBERNO EN NEGREIRA

O PP non poderá opinar sobre a xestión dos novos nombramentos ata que leven un tempo exercendo o seu cargo, aínda que o que nos parece é que si unha persoa non era bo xestor nun posto, por cambiarlle as competencias non vai ser mais efectiva.
Polo que non pasamos é porque cos cartos de todos supostamente se paguen os apoios políticos que necesita o novo alcalde quen concede a Pilar Pérez do PIN unha dedicación. O alcalde, decidiu que a labor importante que ten que realizar esta concelleira é por poñer carteis no concello xa que se xustifica o seu soldo, dicindo que se van a sinalar mellor os servizos municipais.
É o que ten contar con mercenarios da política nun equipo de goberno.
Obras e urbanismo que ata hai ben pouco necesitaba unha dedicación, porque “era unha concellería que necesitaba de moito traballo e coordinación e coa que se ían a aforrar cartos” como defendía o actual alcalde, pois agora queda sen dedicación parcial igual que o PP levou esa concellería sen dedicación 12 anos agora volve a non ter dedicación. ¿Mentiunos o actual alcalde cando xustificou no seu momento esa dedicación parcial? Estamos seguros que o fixo igual que nos minte agora para xustificar a dedicación de Pilar Pérez, porque ¿Que é mais importante poñer carteis no concello ou as obras municipais?.
En canto a organización seguimos co desgoberno, porque como se explica que a concelleira de educación e cultura que nin sequera é tenente alcalde, sexa vocal da comisión de servizos sociais cando Pilar Pérez é a concelleira que cobrará por levar esta concellería e non se vai a molestar nin a acudir á comisión para informar dos asuntos da súa concellería. PENOSO
Para mostra da nova organización basta decir que onte foi a presentación da carreira de Negreira e non acudiu o novo concellal de deportes para irse estreando no cargo nin tampouco o sainte. Este é o tipo de xente que di mirar polo pobo. UNHA PENIÑA