miércoles, 9 de noviembre de 2011

NON AOS VIOLENTOS

Dende o PP de Negreira queremos solidarizarnos cos compañeiros de corporación do PSOE que sufriron un ataque a súa sede no centro da vila.

Non pode haber sitio na nosa sociedade para os violentos e para quenes pretenden impoñer pola forza as súas ideas.

Podemos defender ideas diferentes de sociedade na que nos gustaría vivir ou formas diferentes de ver e resolver os problemas que se nos presentan na nosa andadura vital e política, pero a violencia non é nin poderá ser o camiño.

Agardamos que as forzas do orden poñan pronto aos autores  a disposición xudicial .