jueves, 7 de abril de 2011

OUTRA MAIS......

O goberno municipal do PSOE co Sr. Jorge Tuñas á fronte segue empeñado en tirar polo "río abaixo" os cartos de todos.

Esta vez na área recreativa da Pena, un veciño "denunciou" que dita área está feita nun terreo da súa propiedade. Ademáis, Augas de Galicia, non ten constancia de que se solicitara permiso algún, para actuar no curso do regato.

Esto, non fai máis que demostrar que o desgoberno reina no noso concello, que tan só é capaz de sacar comunicado tras comunicado para xutificar o inxustificable.

O PP presentou un escrito solicitando aclaracións sobre esta obra. Agardamos o comunicado de apoio, de xustificacións ou o que sexa que vaian a sacar explicando esto. Pero sobre todo agardamos que se devolva ao veciño o que según os documentos que aportou lle pertence e que nos digan quen vai a correr cos gastos ocasionados ás arcas municipais.